|
o comezo
o colectivo caleac teatro xorde a finais de 1997 por iniciativa de membros da aula de teatro do campus de lugo, que procuraban, despois dun tempo participando nas montaxes da universidade, investigar camiños propios de creación teatral. durante o seu primeiro ano de vida, o grupo non concreta ningunha representación; en novembro de 1998 comeza o traballo de posta en escea da peza 'destino de un idiota' de luis mª garcía. o grupo contaba naquel momento con 10 membros, todos eles universitaros. os ensaios prolongáronse ata o mes de maio de 1999. a dirección da montaxe afrontouse de maneira colectiva. esto limitou a capacidade de traballo, condicionada polo pouco tempo disponible para os ensaios. o resultado foron unhas grandes tensións internas que remataron cunha estrea precipitada. a partires dese momento todos os compoñentes do grupo seguiron camiños separados. primeira peza dous dos membros de caleac retomaron o traballo ó ano seguinte para poñer en escea a primeira peza de creación propia. o traballo consisitiu nunha adaptación da obra de mario benedetti 'pedro y el capitán'. o texto transformouse nun monólogo acompañado por música de piano en directo. a estrea tivo lugar dentro da I mostra de teatro universitario do campus de lugo. a partires deste momento e axudados pola universidade de santiago, comeza o traballo do colectivo caleac teatro. o colectivo no ano 2001 o grupo comeza a tomar corpo a través de distintas actividades que arrodean o proceso de montaxe dunha versión de macbeth. por primeira vez acudimos á miteu da universidade de vigo no campus de ourense. xorde o primeiro grupo paralelo, o que sería o xermolo da estructura actual da sección artística do colectivo. corre corre que te...atro pon en escea tres pezas mínimas, unha montaxe de creación propia. no ano 2002 constitúese como asociación xuvenil de ámbito europeo. asimesmo, son inscritas no rexistro de asociacións universitarias os dous grupos existentes ata daquela, caleac teatro e corre corre que teatro. a actividade deste segundo grupo comeza a ter un caracter formativo. estrease a peza espacio mínimo, de creación propia. caleac teatro pon en escea 'hedera', unha peza de teatro-danza de creación propia, sendo convidados a actuar en diversos fesitivais de teatro universitario de galicia. a escola o ano 2003 é un ano importante dentro do colectivo. a primeiros de ano constitúese a estructura definitiva da sección artística do grupo. xorde o grupo de primeiro nivel, equiliquá teatro que pretende ser un curso de formación xeral que fomente a inquietude polo mundo da escea. queda conformado o colectivo con tres niveis: equiliquá, corre corre e caleac cunha dinámica de paso de curso e de traballo con carácter formativo. equiliquá propón a final de ano unha peza de teatro-danza, exercicio de creación propia e exploración corporal. corre corre que teatro pon en marcha morte, de woody allen, unha comedia a través da que se traballan distintos aspectos interpretativos e caleac teatro xira 'la noche de los asesinos', do autor cubano josé triana. o colectivo ó longo do ano 2003 confórmase o proxecto de futuro do colectivo caleac teatro. decidese reestructurar o formato do grupo. o principio desta reorganización é explorar distintas áreas educativas empregando o teatro como método pedagóxico. así, defínense as seguintes seccións: sección artística - a escola de teatro. formación de actores e posta en escea de distintas pezas de teatro. dentro desta sección constituese un apartado de danza adicado á investigación da expresión corporal. sección de educación - educación ambiental: actividades en centros educativos, teatro de rua...cun obxectivo de concienciación e formación medioambiental - educación para a saúde: actividades en centros penitenciarios empregando o teatro como medio de concienciación sobre a problemática do vih e conductas de risco. - educación social: actividades relacionadas coa educación en valores a través do teatro todas estas actividades pretenden dar a coñecer o teatro e explorar as suas potenciales como método de traballo en actividades educativas específicas. | ||||||||||||||||||||||
|
|
|
||||||||||||