Galego Castellano English Française
CaleacTeatro
presentacion
educación
escena
o equipo
taller virtual
axenda
biblioteca
contacto


Visita estas bitácoras
http://eautontimorumenos.blogspot.com/52 RUE MANUEL
http://3joursetplus2007.blogspot.com/ATELIER 9


Educación

biblioteca | medio Ambiente | educación para a saúde | escola de teatro

a escola de teatro
a escola universitaria

o grupo caleac teatro, como grupo de teatro universitario, estructúrase en tres niveis de formación; todos eles non pretenden máis que divulgar e dar a coñecer o mundo da escea ós estudiantes e así xenerar inquietudes que permitan que estes rapaces desexen convertirse en actores algún día; proporcionamos unha base de formación actoral e un coñecemento superficial sobre distintos aspectos da creación teatral.

o primeiro nivel traballa baixo o nome de equiliquá teatro; vai dirixido a estudiantes sen experiencia no teatro e consiste nun taller oito meses cunha reunión semanal de tres-catro horas de duración; neste primeiro ano trabállase sobre aspectos de formación xeral, incidindo especialmente sobre o desenvolvemento das potencialidades da expresión corporal; a fin do curso consiste na representación dunha montaxe de teatro-danza construída a partires dun ou máis textos sobre os que se traballa ó longo do ano.

corre corre que teatro é o grupo de segundo nivel, para universitarios que xa teñan algo de experiencia teatral ou que pasasen polo curso de primeiro nivel. o traballo deste grupo céntrase na exploración da palabra, dramaturxia e posta en escea dunha montaxe teatral. o traballo repártese ó longo de todo o curso nunha sesión semanal de tres ou catro horas de duración.

o grupo que representa á asociación é caleac teatro; para as montaxes deste grupo selecciónase actores de entre os estudiantes que van pasando polos outros niveis. constrúese unha peza que se representa en distintos festivais de teatro universitario de galicia e españa




o teatro á escola

o colectivo tamén desenvolve actividades de formación teatral dentro de disintos centros de galicia; o obxectivo destas actividades non é tanto a formación de pequenos actores como a educación en valores a través do teatro; achégamonos a problemáticas medioambientais ou de saúde de forma transversal, dentro do contexto lúdico do teatro, co que a penetración da mensaxe é moito maior.




Accede ó taller virtual




Xunta de Galicia U.S.C. Concello de Lugo Université de Provence
presentacion educación axenda escena o equipo taller virtual contacto nota legal